Rock estatal y sus noticias

Letras de la cancion Conxuro (2015) de Mägo de Oz

Letras de la cancion Conxuro (2015) de Mägo de Oz


Conxuro (2015)

Finisterra Ópera Rock
Mägo de Oz

Ver más Letras de canciones

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas

Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas

Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeirasPodres cañotas furadas fogar dos vermes e alimañas

Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos

Cheiro dos mortos, tronos e raios

Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pé de coello

Pecadora lingua da mala muller casada con home vello

Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes

Corpos mutilados dos indecentes

Peidos dos infernais cús, muxido da mar embravescida

Barriga inútil da muller solteira

Falar dos gatos que andan á xaneira

Guedella porca da cabra mal parida

Con este fol levantarei as chamas de este lume

Que asemella ao do inferno

Fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,

índose bañar na praia das areas

Gordas



¡Oíde, oíde!

Os ruxidos que dan as que non poden deixar

De queimarse na augardente,

Quedando así purificadas

E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas

Quedaremos libres dos males da nosa ialma

E de todo embruxamento

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada:

Si é verdade que tendes máis poder que a humana xente,

Eiquí e agora

Facede cos espritos dos amigos que están fora

Participen con nós de esta queimada
Fotografía por Héctor Mainar